Saltar ao contido principal
Manual práctico de Sociedades 2021.

Operacións realizadas con xurisdicións non cooperativas

O artigo 15 g) da LIS establece a non deducibilidade dos gastos de servizos correspondentes a operacións realizadas directa ou indirectamente, con persoas ou entidades residentes en países ou territorios cualificados como xurisdicións non cooperativas, ou que se paguen a través de persoas ou entidades residentes nestes , agás que o contribuínte probe que o gasto reportado responde a unha operación ou transacción efectivamente realizada.

Formalización do modelo 200

En aplicación do que se dispón neste precepto, o contribuínte deberá realizar os seguintes axustes nos recadros [00341] e [00342] «Operacións realizadas con xurisdicións non cooperativas (art. 15 g) LIS)» da páxina 12 do modelo 200:

  • No período impositivo en que se contabilicen os referidos gastos non deducibles fiscalmente, deberase realizar un axuste positivo ao resultado contable no recadro [00341].

  • Non obstante, se en períodos impositivos posteriores, o contribuínte proba que estes gastos reportados responden a unha operación ou transacción efectivamente realizada, os devanditos gastos consideraranse fiscalmente deducibles, polo que deberá realizar un axuste negativo no recadro [00342].