Saltar ao contido principal
Manual práctico de Sociedades 2021

Ingresos derivados de operacións de quitas e esperas consecuencia dun procedemento concursal

O artigo 11.13 da LIS establece que o ingreso correspondente ao rexistro contable de quitas e esperas consecuencia da aplicación do Real Decreto Lexislativo 1/2020, do 5 de maio, polo que se aproba o texto refundido da Lei Concursal, imputarase na base impoñible do debedor a medida que proceda rexistrar con posterioridade gastos financeiros derivados da mesma débeda e ata o límite do citado ingreso.

De acordo co establecido no devandito precepto, no suposto de que o importe do ingreso sexa superior ao importe total de gastos financeiros pendentes de rexistrar, derivados da mesma débeda, a imputación daquel na base impoñible realizarase proporcionalmente aos gastos financeiros rexistrados en cada período impositivo, respecto dos gastos financeiros totais pendentes de rexistrar derivados da mesma débeda.

Cumprimentación do modelo 200

En aplicación do disposto neste precepto, haberá que realizar os seguintes axustes nas casas [01514] e [00272] «Axustes por rendas derivadas de operacións con quita ou espera (art. 11.13 LIS)» da páxina 12 do modelo 200:

  • O ingreso contabilizado, sempre que non haxa gasto financeiro, xerará o correspondente axuste fiscal negativo, cuxo importe deberá consignarse na casa [00272] de diminucións.

  • Posteriormente e a medida que como consecuencia da regra de imputación temporal proceda a rexistrar os gastos financeiros derivados da débeda, deberanse ir incluíndo esas cantidades ata o límite do citado ingreso na casa [01514] de aumentos.