Saltar ao contido principal
Manual práctico de Sociedades 2021

Bonificación por rendementos derivados da venda de bens corporais producidos en Canarias

Na casa [00563] «Bonificación rendementos por vendas bens corporais producidos en Canarias (art.º 26 Lei 19/1994)» da páxina 14 do modelo 200, deberase consignar o importe correspondente á bonificación do 50 por cento da cota íntegra correspondente aos rendementos derivados da venda de bens corporais producidos en Canarias por eles mesmos, propios de actividades agrícolas, gandeiras, industriais e pesqueiras, sempre que, neste último caso, a pesca de altura se desembarque nos portos canarios e se manipule ou transforme no arquipélago.

Pode consultar as particularidades da aplicación desta bonificación no Capítulo 12 «Réxime fiscal de Canarias» deste Manual práctico.