Importe da dedución
A dedución determínase aplicando sobre a base da dedución unha porcentaxe que variará en función do tipo de gravame do Imposto sobre Sociedades que se aplique á entidade:
-
10 por cento no caso de entidades que cumpran os requisitos establecidos no artigo 108 do RDLeg. 4/2004 para as entidades de reducida dimensión e apliquen a escala de gravame prevista no artigo 114 da devandita norma.
-
5 por cento no suposto de entidades que tributen segundo a escala de gravame previsto na disposición adicional duodécima do RDLeg . 4/2004 para os casos de mantemento ou creación de emprego.
A dedución practicarase na cota íntegra correspondente ao período impositivo en que se efectúe o investimento.