Porcentaxes de dedución
Deducirase da cota íntegra o 12 por cento das rendas positivas obtidas na transmisión onerosa dos elementos patrimoniais e integradas na base impoñible sometida ao tipo xeral de gravame ou á escala prevista no artigo 114 do RDLeg. 4/2004.
A dedución será do 7 por cento, do 2 por cento ou do 17 por cento cando a base impoñible tribute aos tipos do 25 por cento, do 20 por cento ou do 35 por cento, respectivamente.
Non obstante, no caso de operacións a prazos ou con prezo adiado, as porcentaxes de dedución do 12 e 17 por cento establecidos no apartado 1 do artigo 42 do RDLeg . 4/2004 serán, respectivamente, do 10 e do 15 por cento, calquera que sexa o período impositivo en que se practique a dedución para as rendas integradas na base impoñible dos períodos impositivos iniciados dentro de 2015.
Porcentaxe aplicable na dedución por reinvestimento de beneficios extraordinarios. As entidades que tributen de acordo coa escala prevista na disposición adicional duodécima do RDLeg . 4/2004, por reunir os requisitos esixidos na mesma, poderán aplicar a porcentaxe do 12 por cento na dedución por reinvestimento de beneficios extraordinarios.