Saltar ao contido principal
Manual práctico de Sociedades 2021

Incremento por incumprimento dos requisitos esixidos ás SOCIMI

As entidades que apliquen e/ou aplicasen o réxime fiscal especial das SOCIMI y incumprisen o prazo de 3 anos de permanencia a que se refire o artigo 3.3 da Lei 11/2009, do 26 de outubro, pola que se regulan as Sociedades Anónimas Cotizadas de Investimento no Mercado Inmobiliario, ou pasen a tributar por outro réxime distinto no Imposto sobre Sociedades antes de que se cumpra o referido prazo de tres anos, deberán realizar as regularizacións pertinentes nos termos do artigo 125.3 da LIS.

Cumprimentación do modelo 200

Estas regularizacións deberanse incluír nas casas [00633] e [00642] «Incremento por incumprimento de requisitos SOCIMI» da páxina 14 bis do modelo 200.

Pode consultar o procedemento de regularización por incumprimento dos requisitos esixidos ás SOCIMI no apartado dedicado a estas entidades no Capítulo 10 deste Manual práctico.