Recadro 00078 Diocese, provincia relixiosa ou entidade eclesiástica que integra entidades menores delas dependentes
Marcarán este recadro aquelas entidades eclesiásticas que, previa solicitude á oficina territorial competente da Axencia Estatal da Administración Tributaria, obtivesen o recoñecemento como contribuínte do Imposto sobre Sociedades cun ámbito máis amplo ao correspondente ao da súa propia personalidade xurídica. Desta forma unha vez recoñecido, recaerán sobre o contribuínte co ámbito máis amplo (normalmente, diocese ou provincia relixiosa) todas as obrigas relativas ao tributo, englobando as correspondentes ás actividades e rendementos das entidades inferiores que dese contribuínte dependan.
Lembre:
As entidades eclesiásticas cun ámbito máis amplo que marcasen o recadro [00078], deberán cubrir tamén o apartado «C) Entidades menores dependentes de diocese, provincia relixiosa ou entidade eclesiástica integradas na declaración, previamente autorizadas» da páxina 2 bis do modelo 200, consignando o número de identificación fiscal (NIF) e o nome ou razón social de cada unha das entidades menores que delas dependan.