Saltar ao contido principal
Manual práctico de Sociedades 2023.

Suposto práctico de deducións

A sociedade «A» que ten un importe neto da cifra de negocios inferior a 20 millóns de euros e non tributa no réxime de consolidación fiscal e cuxo exercicio económico ten unha duración de doce meses e é coincidente co ano natural, conta cos seguintes datos á hora de presentar a súa declaración do Imposto sobre Sociedades do exercicio 2023:

  1. A cota íntegra, minorada nas deducións por dobre imposición e nas bonificacións (recadro [00582] «Cota íntegra axustada positiva» da páxina 14 do modelo 200), é de 100.000 euros.

  2. Ten pendentes de aplicación as seguintes deducións procedentes de períodos anteriores:

    • Exercicio 2015: Por investimento de beneficios: 20.000 euros.

    • Exercicio 2016: Por gastos en investigación e desenvolvemento: 2000 euros.

    • Exercicio 2017: Por donativos á UNICEF ##1##: 1.000 euros.

    • Exercicio 2018: Por creación de emprego para traballadores con discapacidade: 3.300 euros.

    • Exercicio 2019: Pola súa participación no VII Centenario do Arquivo da Coroa de Aragón: 1.800 euros.

    • Exercicio 2020: Por gastos en innovación tecnolóxica: 2.500 euros.

  3. Durante o exercicio 2023, realizou investimentos nas Canarias por adquisición de activos fixos materiais que, de acordo co que se dispón na Lei 20/1991, dan dereito a unha dedución por importe de 2000 euros.

  4. O importe da dedución por actividades de investigación e desenvolvemento correspondente a gastos e investimentos efectuados no exercicio 2023  ascende a 21.000 euros (excede do 10 por cento da cota íntegra de 2023  minorada nas deducións para evitar a dobre imposición e as bonificacións). No exercicio 2023, non efectúa investimentos en innovación tecnolóxica.

Solución:

Cota íntegra axustada positiva (recadro [00582]): 100.000 euros

Aplicación das deducións:

  • Por investimento de beneficios 2015 (saldo pendente): 20.000

    Aplícase: 20.000

  • Por gastos en investigación e desenvolvemento 2016 (saldo pendente): 2000

    Aplícase (1): 2000

  • Por donativos á UNICEF 2017 (saldo pendente): 1.000

    Aplícase: 1.000

  • Por creación de emprego para traballadores con discapacidade 2018 (saldo pendente): 3.300

    Aplícase (1): 3.300

  • Pola súa participación no VII Centenario do Arquivo da Coroa de Aragón  2019 (saldo pendente): 1.800

    Aplícase (1): 1.800

  • Por gastos en innovación tecnolóxica 2020 saldo pendente): 2.500

    Aplícase (1): 2.500

  • Por investimentos nas Canarias realizadas en 2023: 2000

    Aplícase (2): 2000

  • Por gastos en investigación e desenvolvemento 2023 : 21.000

    Aplícase (1) (3): 19.400

Cálculo cota líquida :

Cota íntegra, minorada en deducións por dobre imposición e bonificacións = 100.000 euros

(-) Deducións aplicadas = 52.000 euros

Cota líquida (recadro [00592]) = 48.000 euros

Notas ao exemplo:

(1) O límite conxunto das deducións do Capítulo IV do Título VI da LIS ascende a 50.000 euros. De acordo co previsto no artigo 39 da LIS elévase do 25 ao 50 por cento sobre a cota íntegra axustada positiva, ao exceder o importe da dedución por actividades de investigación e desenvolvemento e innovación tecnolóxica do 10 por cento do devandito importe. (volver investigación 2015) (volver creación) (volver participación) (volver innovación) (volver investigación 2020)

(2) O límite aplicable segundo a Lei 20/1991, ascende ao 50 por cento sobre a cota íntegra axustada positiva (50.000 euros). (Volver)

(3) Esta dedución non se pode aplicar na súa totalidade por superar o referido límite conxunto. (Volver)

Formalización da declaración do Imposto no exercicio 2023> (cadros páxinas 16 bis, 17, 18 e 18 bis do modelo 200)

Deducións investimento nas Canarias con límites incrementados
Total [00886] 2000 [00590] 2000 [00887] 0
Deducións Dedución pendente
xerada
Aplicado nesta
liquidación
Pendente de aplicación en
exercicios futuros
2023: Investimentos nas Canarias
(Lei 20/1991)
[01802] 2000 [01803] 2000 [01804] 0
Deducións para incentivar determinadas actividades
(Cap. IV Tít. VI, DT 24ª.3 LIS e art. 27.3 primeira Lei 49/2002)
Total [00831] 51.600 [00588] 50.000 [00832] 1.600
Deducións Dedución pendente
xerada
Aplicado nesta
liquidación
Pendente de aplicación en
exercicios futuros
2015: Suma deducións Cap. IV Tít. VI
Lei 43/95,  RDLeg. 4/2004 e LIS (agás I+D+i)
[00813] 20.000 [00814] 20.000 [00815] 0
2016 : Investigación e desenvolvemento (CT) [01617] 2000 [01618] 2000 [01619] 0
2017 : Suma deducións Cap. IV Tít. VI
Lei 43/95, RDLeg. 4/2004 e LIS (agás I+D+i)
[01847] 1.000 [01848] 1.000 [01849] 0
2018 : Suma deducións Cap. IV Tít. VI
Lei 43/95, RDLeg. 4/2004 e LIS
[02218] 3.300 [02219] 3.300 [02220] 0
2019 : Suma deducións Cap. IV Tít. VI
Lei 43/95, RDLeg. 4/2004 e LIS (agás I+D+i)
[02353] 1.800 [02354] 1.800 [02355] 0
2020 : Innovación tecnolóxica (IT) [00234] 2.500 [00235] 2.500 [00236] 0
2023: Investigación e desarollo (CT) [00798] 21.000 [00799] 19.400 [00800] 1.600