1. Reserva para investimentos nas Illes Balears
Trátase dun incentivo fiscal que permite aos contribuíntes do Imposto sobre Sociedades e do Imposto sobre a Renda de non Residentes aplicar unha redución na base impoñible das cantidades que, con relación aos seus establecementos situados nas Illes Balears, destinen dos seus beneficios á reserva para investimentos nas devanditas Illas de acordo co que se dispón no apartado Catro da disposición adicional septuaxésima da Lei 31/2022, do 23 de decembro.