Capítulo 1. O contribuínte e a residencia
A forma en que unha persoa física ou unha entidade debe tributar en España pola súa renda determínase en función de se a mesma é ou non residente neste país. Os residentes tributan polo Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) ou polo Imposto sobre Sociedades (IS); en cambio, os non residentes, tanto persoas físicas como entidades, tributan polo Imposto sobre a Renda de non Residentes (IRNR).