Saltar ao contido principal
Manual práctico de Patrimonio 2022.

6. Dereitos derivados da propiedade intelectual ou industrial

Normativa: Art. 4.Seis Lei Imposto Patrimonio

Están exentos os dereitos derivados da propiedade intelectual ou industrial, mentres permanezan  no patrimonio do autor e, no caso da propiedade industrial, sempre que non estean afectos  a actividades empresariais.

Precisións:

  • A propiedade industrial protexe marcas e nomes comerciais, patentes e modelos de utilidade, deseños industriais e topográficos de semicondutores (Fonte: Oficina Española de patentes e marcas).

  • A propiedade intelectual é o conxunto de dereitos que corresponden aos autores e outros titulares (artistas, produtores, organismos de radiotelevisión..) respecto das obras e prestacións froito da súa creación, e con ela preténdese protexer as creacións orixinais literarias, artísticas ou científicas expresadas en calquera medio, tales como libros, escritos, composicións musicais, obras dramáticas, coreografías, obras audiovisuais, esculturas, obras pictóricas, planos, maquetas, mapas, fotografías, programas de ordenador e bases de datos. Tamén protexe as interpretacións artísticas, os fonogramas, as gravacións audiovisuais e as emisións de radiodifusión. (Fonte: Ministerio de Cultura e Deporte).