Información sobre o recadro da declaración de Renda do exercicio anterior
Para solicitar a referencia do expediente de Renda, cómpre facilitar o importe do recadro 505 da declaración de Renda 2021 presentada.
O recadro 505 da declaración de Renda 2021 correspóndese coa "Base liquidable xeral sometida a gravame" e non con outra cantidade nin co resultado da declaración.
Podes confirmar o importe do recadro 505 na copia da túa declaración no apartado "Base liquidable xeral e Base liquidable do aforro "ou no Documento ingreso ou devolución.
No caso de que non presentases declaración de IRPF correspondente ao exercicio 2021 ou se o importe é 0,00 deberás indicar como dato de contraste os cinco últimos díxitos do código IBAN dalgunha conta bancaria en que figures como titular.
Se tes dúbidas sobre como acceder á consulta do borrador confirmado ou a declaración presentada de Renda 2021, recomendámosche que sigas os pasos que se detallan na axuda "Como obter a copia da declaración de Renda 2021".
Lembra que debes facilitar o importe correspondente á declaración que finalmente se presentou; se se practicou unha liquidación posterior por parte da Administración, terás que facilitar a información do recadro 505 correspondente á mesma.
Se aparece un erro relativo ao formato do recadro, lembrámosche que no campo destinado ao recadro 505 debes indicar o número enteiro sen ningún signo, separado por coma (,) dos decimais , por exemplo 14927,35.
Se non consegues localizar o importe correcto do recadro 505 da declaración presentada para o exercicio 2021 para solicitar a referencia do borrador, as alternativas de que dispós son:
-
Acceder aos servizos de Renda mediante Cl@ve. É un sistema de identificación que permite realizar trámites por Internet baseado en claves concertadas cunha validez limitada no tempo e que se pode renovar cada vez que se necesite. Supón o uso dun código de verificación dado pola aplicación unha vez introducida os teus datos identificativos ou mediante código QR e visualizado na APP Cl@ve; ou mediante o uso dun código elixido polo usuario e un PIN comunicado mediante SMS ou na APP e que require un rexistro previo. Para máis información consulta a axuda relacionada.
-
Dispor de certificado electrónico ou DNIE. Para máis información sobre como obter un certificado electrónico consulta a axuda relacionada.