Canle interna de información Lei 2/2023 (comunicación de infraccións realizadas por persoal da AEAT)
A través desta Canle soa admitirase a comunicación de información relativa a condutas ou comportamentos do persoal da Axencia Tributaria contraria ao ordenamento xurídico de acordo coa Lei 2/2023, do 20 de febreiro, reguladora da protección das persoas que informen sobre infraccións normativas e de loita contra a corrupción. Non se tramitarán denuncias tributarias nin queixas. (Se desexa presentar unha denuncia debe ir ao apartado denuncia tributaria nesta mesma páxina. Se desexa formular unha queixa polo mal funcionamento dos servizos pode presentara ante o Consello para a Defensa do Contribuínte).
Que permite esta canle?
De conformidade co que se dispón na Lei 2/2023, esta canle permite a comunicación por parte das persoas físicas que, nun contexto laboral ou profesional coa Axencia Tributaria, obtivesen a información sobre as infraccións previstas no artigo 2 da Lei 2/2023.
Entre outras, considérase que as seguintes persoas físicas obtiveron a información nun contexto profesional ou laboral:
-
Persoal ao servizo da Axencia Tributaria
-
Aquelas cuxa relación laboral ou funcionarial aínda non comezase, nos casos en que a información fose obtida durante o proceso de selección ou de negociación contractual.
-
Persoal funcionario en prácticas.
-
Persoal colaborador, en períodos de formación ou en situación similar sen relación laboral ou funcionarial.
-
Persoal vinculado ás empresas coas que a Axencia Tributaria teña contratados servizos ou participase na súa licitación.
Ademais, esta Canle interna de información tamén está habilitado para recibir comunicacións daquelas persoas que obtivesen a información nun contexto distinto do laboral ou profesional coa Axencia Tributaria e que informen sobre accións ou omisións contrarias ao ordenamento xurídico do persoal da Axencia.