Canle interna de información Lei 2/2023 (comunicación de infraccións realizadas por persoal da AEAT)
A través desta Canle soa admitirase a comunicación de información relativa a condutas ou comportamentos do persoal da Axencia Tributaria contraria ao ordenamento xurídico de acordo coa Lei 2/2023, do 20 de febreiro, reguladora da protección das persoas que informen sobre infraccións normativas e de loita contra a corrupción. Non se tramitarán denuncias tributarias nin queixas. (Se desexa presentar unha denuncia debe ir ao apartado denuncia tributaria nesta mesma páxina. Se desexa formular unha queixa polo mal funcionamento dos servizos pode presentara ante o Consello para a Defensa do Contribuínte).
Onde e como pode presentarse a comunicación?
Existen diversas formas de presentar a comunicación:
-
Na Sede electrónica da Axencia Tributaria. Para iso utilizarase o formulario dispoñible e na presentación, o informante poderase identificar utilizando un certificado electrónico ou Cl@vePIN, ou no caso de non utilizar ningún dos sistemas de autenticación, a comunicación considerarase anónima.
-
Mediante comunicación dirixida ao seguinte correo electrónico, canaldedenunciasnotributarias@correo.aeat.es, en que o informante poderá consignar os seus datos identificativos ou realizar a comunicación de forma anónima.
-
Por correo postal dirixida a:
Servizo de Auditoría Interna da Axencia Estatal de Administración Tributaria
CANLE INTERNA DE INFORMACIÓN
Rúa San Enrique nº 17, 2ª planta.
28020 – Madrid
Na comunicación o informante poderá consignar os seus datos identificativos ou realizara de forma anónima.
-
Reunión presencial. Poderase solicitar no correo electrónico, canaldedenunciasnotributarias@correo.aeat.es facilitando os datos de contacto para que se poida concertar unha cita co persoal autorizado para os efectos de presentar a comunicación, cita que terá lugar nun prazo non superior a sete días desde a súa solicitude.