Concurso de acredores
Accede ás xestións e información sobre concursos de acredores
A devandita obriga corresponde ás administracións concursais, conste ou non a condición de acredor da AEAT.
Está contemplada no artigo 253 do TRLC .
Segundo a literalidade da norma legal, a devandita comunicación deberá efectuara sen demora.
O convenio de acredores é un acordo entre o debedor e os acredores orientados a acadar a satisfacción destes , contido nun negocio xurídico tutelado xudicialmente en que a autonomía da vontade das partes goza dunha gran amplitude. A través do convenio fíxanse o xeito, as condicións e os prazos en que o concursado debe satisfacer as súas débedas pendentes.
O concursado poderá presentar o Xulgado a proposta de convenio no momento da solicitude de declaración de concurso canda esta, ou en calquera momento posterior ata os quince días seguintes á presentación do informe da administración concursal. Así mesmo, desde a declaración de concurso ata que finalice ese prazo de quince días, os acredores comparecidos cuxos créditos, individual ou conxuntamente, superen unha quinta parte do total pasivo tamén poderán presentar propostas de convenio.
Con suficiente antelación á presentación da proposta de convenio ao Xulgado competente, o debedor pode pórse en contacto coa AEAT, co fin de acadar, de conformidade con esta e coas garantías oportunas, unhas condicións singulares de pagamento dos créditos privilexiados, trasladandolle as condicións que se propón para lograr as adhesións ao convenio. Para iso poderá utilizar o trámite “Comunicación de propostas de adhesión de acordos singulares”.