Preguntas frecuentes
Resolve as túas dúbidas sobre os Certificados electrónicos.
Documento Nacional de Identidade (DNI)
O Documento Nacional de Identidade (DNI), emitido pola Dirección Xeral da Policía (Ministerio do Interior), é o documento que acredita a identidade, os datos persoais que nel aparecen e a nacionalidade española do seu titular.
En 2006 creouse o Documento Nacional de Identidade electrónica (DNIE ), de policarbonato cos datos de filiación gravados no corpo da tarxeta e que incorpora un pequeno circuíto integrado (chip), capaz de gardar de xeito seguro información e de procesara internamente. Os avances tecnolóxicos recollidos no chip permiten ao cidadán conectar coa Administración de forma dixital, facer uso da súa identidade electrónica, asinar documentos dixitalmente e de forma remota. Para iso, o cidadán ten que dispor dun dispositivo hardware que permita a lectura dos certificados contidos no chip, e posibilite a conexión aos distintos servizos dixitais, así como instalar os diferentes drivers necesarios para o funcionamento do hardware.
Para unha información máis detallada consulte a información dispoñible na páxina web do Ministerio do Interior (Dirección Xeral da Policía e da Garda Civil) sobre DNI electrónico.