Cuestións a ter en conta na liquidación do Imposto en 2023
Informámosche das principais novidades para a Campaña de Sociedades 2023.
Países e territorios que teñen a consideración de xurisdicións non cooperativas
A redacción dada, pola Lei 11/2021, do 9 de xullo, de medidas de prevención e loita contra a fraude fiscal, á disposición adicional primeira da Lei 36/2006, do 29 de novembro, de medidas para a prevención da fraude fiscal, axeita o termo de paraísos fiscais ao concepto de «xurisdicións non cooperativas». Así mesmo, actualízanse os criterios para a determinación dos países e territorios que teñen a consideración de xurisdicións non cooperativas.
Así, a Orde HFP/115/2023, do 9 de febreiro, aproba unha nova relación de países e territorios que teñen a consideración de xurisdicións non cooperativas.
A Orde entrou en vigor o 11 de febreiro de 2023 e é de aplicación aos tributos sen período impositivo reportados a partir da súa entrada en vigor e aos demais tributos cuxo período impositivo se inicie desde ese momento.
Non obstante, para os países ou territorios incluídos na nova lista que non estivesen incluídos na antiga lista do Real decreto 1080/1991, a Orde HFP/115/2023 entrou en vigor o 11 de agosto de 2023 e é de aplicación aos tributos sen período impositivo reportados a partir da súa entrada en vigor, e aos demais tributos cuxo período impositivo se inicie desde ese momento.