Novidades de normativa 2014
Saltar índice da informaciónLei 17/2014, do 30 de setembro, pola que se adoptan medidas urxentes en materia de refinanciamento e reestruturación de débeda empresarial.
Publicouse no BOE con data 1 de outubro de 2014, a Lei 17/2014, do 30 de setembro, pola que se adoptan medidas urxentes en materia de refinanciamento e reestruturación de débeda empresarial, que aproba as medidas xa contidas no Real Decreto-lei 4/2014, do 7 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes en materia de refinanciamento e reestruturación de débeda empresarial, con efectos para os períodos impositivos que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2014.
Estas medidas modifican o texto refundido da Lei do Imposto sobre Sociedades aprobadas polo Real decreto Lexislativo 4/2004, do 5 de marzo, establecendo a ausencia de tributación nos supostos de capitalización de débedas, non sendo que a mesma fose obxecto dunha adquisición derivativa polo acredor, por un valor distinto ao nominal da mesma. Así se recolle expresamente na lei un criterio que xa fora admitido pola doutrina administrativa para determinados supostos de capitalización de débedas entre entidades vinculadas.
Así mesmo, co obxecto de establecer un tratamento axeitado á situación económica actual, e de evitar que a fiscalidade supoña un obstáculo ás operacións de refinanciamento en xeral, modifícase a Lei do Imposto sobre Sociedades en relación co tratamento fiscal das rendas derivadas de quitacións e esperas derivadas da aplicación da Lei Concursal. Así, tendo en conta que ambas as dúas operacións non incrementan a capacidade fiscal das entidades, establécese un sistema de imputación do ingreso xerado na base impoñible en función dos gastos financeiros que posteriormente se vaian rexistrando.