Novidades de normativa 2014
Saltar índice da informaciónReal Decreto-lei 4/2014, do 7 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes en materia de refinanciamento e reestruturación de débeda empresarial.
A disposición final segunda deste Real decreto-lei modifica, con efectos para os períodos impositivos que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2014, o texto refundido da Lei do Imposto sobre Sociedades aprobadas polo Real decreto Lexislativo 4/2004, do 5 de marzo, establecendo a ausencia de tributación nos supostos de capitalización de débedas, non sendo que a mesma fose obxecto dunha adquisición derivativa polo acredor, por un valor distinto ao nominal da mesma. Así se recolle expresamente na lei un criterio que xa fora admitido pola doutrina administrativa para determinados supostos de capitalización de débedas entre entidades vinculadas.
Así mesmo, co obxecto de establecer un tratamento axeitado á situación económica actual, e de evitar que a fiscalidade supoña un obstáculo ás operacións de refinanciamento en xeral, modifícase a Lei do Imposto sobre Sociedades en relación co tratamento fiscal das rendas derivadas de quitacións e esperas derivadas da aplicación da Lei Concursal. Así, tendo en conta que ambas as dúas operacións non incrementan a capacidade fiscal das entidades, establécese un sistema de imputación do ingreso xerado na base impoñible en función dos gastos financeiros que posteriormente se vaian rexistrando.
En concreto, as modificacións introducidas polo Real decreto-lei 4/2004 son as seguintes:
- Engádese un parágrafo ao final do artigo 15.1, coa seguinte redacción:
“As operacións de aumento de capital por compensación de créditos valoraranse fiscalmente polo importe do devandito aumento desde o punto de vista mercantil, con independencia de cal sexa a valoración contable".
- Modifícase artigo 15.2.b) que queda redactada da seguinte forma:
“b) Os achegados a entidades e os valores recibidos en contraprestación, agás no suposto previsto no último parágrafo do apartado anterior".
- Modifícase o primeiro parágrafo do artigo 15.3, que queda redactado da seguinte forma:
“3. Nos supostos previstos nos parágrafos a), b), c) e d), a entidade transmitente integrará na súa base impoñible a diferenza entre o valor normal de mercado dos elementos transmitidos e o seu valor contable. Non obstante, no suposto de aumento de capital por compensación de créditos, a entidade transmitente integrará na súa base impoñible a diferenza entre o importe do aumento de capital, na proporción que lle corresponda, e o valor fiscal do crédito capitalizado".
- Engádese un apartado 14 ao artigo 19, que queda redactado da seguinte forma:
“14. O ingreso correspondente ao rexistro contable de quitacións e esperas consecuencia da aplicación da Lei 22/2003, do 9 de xullo, Concursal, imputarase na base impoñible do debedor a medida que proceda rexistrar con posterioridade gastos financeiros derivados da mesma débeda e ata o límite do citado ingreso.
Non obstante, no suposto de que o importe do ingreso a que se refire o parágrafo anterior sexa superior ao importe total de gastos financeiros pendentes de rexistrar, derivados da mesma débeda, a imputación daquel na base impoñible realizarase proporcionalmente aos gastos financeiros rexistrados en cada período impositivo respecto dos gastos financeiros totais pendentes de rexistrar derivados da mesma débeda".
por el que se adoptan medidas urgentes en materia de refinanciación y reestructuración de deuda empresarial.