Novidades de normativa 2014
Saltar índice da informaciónSentenza do 27 de maio de 2014, da Sala Tercera do Tribunal Supremo
Sentenza do 27 de maio de 2014, da Sala Tercera do Tribunal SupremoPublicouse no BOE con data 30 de xullo de 2014, unha Sentenza do 27 de maio de 2014, da Sala Tercera do Tribunal Supremo que anula:
- o último inciso do artigo 21.2 do Real decreto 1777/2004, do 30 de xullo, polo que se aproba o Regulamento do Imposto de Sociedades (de agora en diante RIS), modificado polo Real decreto 1793/2008, do 3 de novembro: “Se, por non existir acordo entre as distintas partes ou entidades vinculadas simultaneásense ambas as dúas vías de revisión, tramitarase o recurso ou reclamación presentada en primeiro lugar e declararase inadmisible o segundo ou ulterior.”
- o artigo 21 bis 2. a) parágrafo segundo do RIS : “A parte da diferenza que non se corresponda coa porcentaxe de participación na entidade, para a entidade terá a consideración de retribución dos fondos propios, e para o socio ou partícipe de utilidade percibida dunha entidade pola condición de socio, accionista, asociado ou partícipe de acordo co previsto no artigo 25.1.d) da Lei 35/2006, do 28 de novembro, do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e de modificación parcial das leis dos Impostos sobre Sociedades, sobre a Renda de non Residentes e sobre o Patrimonio.”
- o artigo 21 bis 2. b) parágrafo segundo do RIS : “A parte da diferenza que non se corresponda coa porcentaxe de participación na entidade, terá a consideración de renda para a entidade, e de liberalidade para o socio ou partícipe. Cando se trate de contribuíntes do Imposto sobre a Renda de non Residentes sen establecemento permanente, a renda considerarase como ganancia patrimonial de acordo co previsto no artigo 13.1.i).4.º do texto refundido da Lei do Imposto sobre a Renda non Residentes, aprobado polo Real decreto Lexislativo 5/2004, do 5 de marzo.”
Anterior Lei 17/2014, do 30 de setembro, pola que se adoptan medidas urxentes en materia de refinanciamento e reestruturación de débeda empresarial.Seguinte Corrección de erratas da Orde HAP/865/2014, do 23 de maio, pola que se aproban os modelos de declaración do IS e do IRNR (establecementos permanentes) para períodos impositivos iniciados entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2013.