Novidades publicadas no INFORMA 2018
Saltar índice da informaciónNovidades introducidas no INFORMA durante o mes de MARZO
140379-DEDUCCIÓN POR ACTIVIDADES DE INVESTIGACIÓN E DESENVOLVEMENTO. PROXECTO PLURIANUAL: BASE DEDUCIÓNCando a contía das axudas recibidas para financiar un proxecto de investigación excede do importe dos gastos incorridos no mesmo, a base da dedución será cero, polo que non existirá dereito a aplicar a dedución. O anterior resultará de aplicación con independencia de que nalgún dos exercicios do proxecto a contía ingresada polas axudas recoñecidas sexa inferior ao importe dos gastos efectivamente incorridos no devandito período.
140380-COMPENSACIÓN DE BASES IMPOÑIBLES NEGATIVAS. FUSIÓN POR ABSORCIÓN SEN APLICACIÓN RÉXIME ESPECIALAs bases impoñibles negativas xeradas pola sociedade absorbida, nunha fusión por absorción, non poderán ser compensadas pola sociedade absorbente, no suposto de que non resulte de aplicación o réxime especial previsto no capítulo VII do título VII LIS.