Preguntas frecuentes
Coñece a resposta a dúbidas e preguntas frecuentes
Cuestións xerais
Si. Para facilitar a presentación por Internet das solicitudes e relacións previstas na orde ministerial que regula o procedemento para a aplicación desta devolución, pódese actuar a través dalgunha das entidades que colaboran coa Axencia Estatal da Administración Tributaria. Se pertences a unha Asociación do sector que teña asinado un convenio de colaboración coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, poderás autorizar á devandita Asociación para que presente no teu nome, a través de Internet, as solicitudes e relacións previstas no procedemento de devolución.
Si, todos os beneficiarios con dereito a devolución deberán presentar unha declaración anual en que comunicarán, por cada un dos vehículos da súa titularidade, que estivesen inscritos no Censo de beneficiarios no ano anterior, o número de quilómetros percorridos desde 1 de xaneiro e a 31 de decembro do ano ao que se refire a declaración. Esta declaración debe presentarse a través da sede electrónica da Axencia Tributaria dentro do primeiro trimestre do ano seguinte á finalización do ano natural ao que se refira a declaración.