Preguntas frecuentes
Coñece a resposta a dúbidas e preguntas frecuentes
Instalacións de consumo propio
Non. Estes puntos de subministración de gasóleo, para os efectos da tramitación da devolución dos impostos, deben actuar como instalacións de venda polo miúdo, e efectuar o pagamento das subministracións de gasóleo por medio da tarxeta-gasóleo profesional.
Non. De acordo co que se dispón no Artigo 40 do Regulamento dos Impostos Especiais, aprobado por Real decreto 1165/1195, do 7 de xullo, non poden existir máis dun CAE que identifique unha actividade e un mesmo establecemento.
Só poden subministrarse con dereito á devolución dos impostos os vehículos do titular da instalación de consumo propio.
As Oficinas xestoras deberán esixir as autorizacións dos órganos competentes, derivadas da aplicación da Lei 34/1998, do Sector de Hidrocarburos, sen prexuízo de calquera outras que poidan esixir as distintas Comunidades Autónomas.
O mencionado sistema informático contable, é esixido como unha condición para a inscrición polo órgano competente na Oficina Xestora de Impostos Especiais e para obter a devolución dos impostos, sen que cumpra que o devandito sistema deba envorcarse na contabilidade xeral da empresa.