Bonificación extraordinaria e temporal do prezo final de determinados produtos enerxéticos
Hoxe entrou en vigor a aplicación, conforme o previsto no Real decreto Lei 6/2022, do 29 de marzo, dunha bonificación de 0,20 € no prezo de venda ao público por cada litro ou quilo (no caso de GNC e GNL), fornecidos a calquera persoa física ou xurídica en establecementos retallistas de gasolina, gasóleos A, A+ e B, gasóleo uso marítimo, GLP, GNC, GNL, biocarburantes e aditivo AdBlue.
Os establecementos retallistas colaboradores poderán solicitar un anticipo a conta en abril conforme os datos de vendas medias mensuais do 2021, así como as devolucións mensuais correspondentes das bonificacións ou descontos aplicados ás súas vendas dos meses de abril, maio e xuño de 2022.
- Real Decreto-ley 6/2022, de 29 de marzo,
por el que se adoptan medidas urgentes en el marco del Plan Nacional de respuesta a las consecuencias económicas y sociales de la guerra en Ucrania.
- Medidas Reais Decreto-lei 6/2022