Saltar ao contido principal

Novo sistema de autoliquidacións rectificativas do modelo 595 “Imposto Especial sobre o Carbón” para a súa aplicación aos períodos impositivos iniciados a partir do 1 de xaneiro de 2027

No BOE de data 24 de setembro publicouse a Orde HAC/988/2026, do 16 de setembro, pola que se modifica a Orde EHA/3947/2006, do 21 de decembro, pola que se aproban os modelos, prazos, requisitos e condicións para a presentación e ingreso da declaración-liquidación e da declaración resumo anual de operacións do Imposto Especial sobre o Carbón e modifícase a Orde do 15 de xuño de 1995, en relación coas entidades de depósito que prestan o servizo de colaboración na xestión recadadora.

Mediante esta Orde apróbanse os cambios necesarios do “Modelo 595. Imposto Especial sobre o Carbón. Declaración-liquidación”, en cumprimento do artigo 120 Lei Xeral Tributaria e artigo 140 bis do Regulamento dos Impostos Especiais, que implantan a figura da autoliquidación rectificativa pola que se permite ao obrigado tributario rectificar unha autoliquidación anterior utilizando o modelo normalizado aprobado por orde ministerial, con independencia do resultado da mesma.Esta orde ministerial prevé a aplicación desta figura de autoliquidación rectificativa para os períodos de liquidación que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2027, incorporandose o citado modelo os recadros necesarios para que o obrigado tributario poida efectuar a rectificación que proceda.

Disposición 19762 do BOE núm. 236 de 2026