3.3. Recadación obtida das actuacións de prevención e control da fraude tributaria e aduaneira
Os resultados recadadores na prevención e loita contra a fraude da Axencia Tributaria acadan no ano 2016 un importe total de 14.883 millóns de euros, o que supón unha diminución do 4,98 por cento respecto do ano 2015. Non obstante, cómpre mencionar que en 2015 existiron expedientes singulares que, polas súas características, non podían repetirse no tempo e que, se non se teñen en conta, en 2016 obteríase un incremento do 14,89 %no total de resultados respecto do ano anterior.
En relación con este resultado, o índice de eficiencia mide o importe ingresado por estas actuacións de loita contra a fraude por cada euro gastado na Axencia Tributaria. Para o seu cálculo utilízanse as seguintes magnitudes:
-
No numerador inclúese, en millóns de euros, o importe ingresado pola loita contra a fraude tributario e aduaneiro.
-
No denominador inclúese, en millóns de euros, o importe do orzamento anual da Axencia Tributaria, en termos de obrigas recoñecidas. Recolle o custo de todas as funcións que desenvolve a Axencia Tributaria, tendo en conta que todas contribúen a cumprir a súa misión de velar pola correcta aplicación do sistema tributario estatal e aduaneiro.
Segundo o índice de eficiencia, en 2016, por cada euro gastado na Axencia, recadáronse 11,30 euros na loita contra a fraude.
Datos e gráficos relacionados con esta cuestión encóntranse no seguinte cadro do Anexo
Cadro nº 16. Índice de eficiencia (Anexo)No referente á súa composición, os 14.883 millóns de euros obtidos pola Axencia Tributaria nas actuacións de prevención e loita contra a fraude tributario e aduaneiro inclúen, por un lado, os resultados das actuacións de prevención e control e, por outro, os ingresos inducidos polas devanditas actuacións.