Saltar ao contido principal
Memoria 2016

4.2.1. Servizos de información

A Axencia Tributaria pon a disposición dos cidadáns en Internet o “Programa INFORMA”, base de datos que contén, en formato “pregunta-resposta”, os principais criterios de aplicación da normativa tributaria. En 2016, realizáronse 5.133.715 accesos a este programa.

Así mesmo, dispón dun Servizo Telefónico de Información Tributaria Básica (901 33 55 33) sobre os principais impostos, operativo de luns a venres de 9 a 19 horas (agás no mes de agosto, en que o horario de atención é de 9 a 15 horas). En 2016 atendéronse 4.527.440 chamadas, cun nivel de cobertura con respecto ás chamadas recibidas do 83,8 por cento.

O portal da Axencia Tributaria, www.agenciatributaria.es, é unha canle de información cada vez máis utilizado polos contribuíntes. O portal facilita a localización dos contidos, ao aglutinar nunha mesma situación toda a información relativa a un imposto, descarga de programas, modelos e formularios, así como o acceso a todos os trámites electrónicos.

As cifras máis relevantes desenvólvense nos seguintes gráficos do Anexo:

Gráfico nº 33. Evolución dos accesos ao Programa Informa Gráfico nº 34. Evolución chamadas teléfono Información Tributaria Básica Gráfica nº 35. Evolución das visitas (páxinas visitadas) aos portais web da Axencia Tributaria (Anexo)