4.3.3. Presentación telemática de declaracións tributarias
Un ano máis, adaptáronse os programas de axuda e as presentacións telemáticas dos modelos anuais (Renda, Sociedades, Informativas e IVE) aos cambios normativos e funcionais requiridos.
Pero se hai algo que destacar de xeito fundamental en 2016 foi a implantación de Renda WEB, novo servizo de Renda que supón unha migración do programa PAI a medio web e que permite o acceso aos datos fiscais e a confección de declaracións desde calquera tipo de dispositivo (ordenador, tablet ou móbil), englobando tamén o Borrador, que desaparece como tal.
Co novo sistema, os contribuíntes acceden directamente ao servidor da Axencia Tributaria e engaden calquera dato ou renda, de xeito que poden tramitar facilmente o seu borrador/declaración para todo tipo de rendas.
A implantación deste sistema significou un gran avance, na medida que une a simplicidade dos borradores coa amplitude do programa de axuda PAI, dúas ferramentas masivamente utilizadas polos contribuíntes.
No seguinte gráfico móstranse as cifras que reflicten o desenvolvemento neste ámbito:
Gráfico nº 45. Evolución das declaracións do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas presentadas por Internet (Anexo)Durante 2016 adaptouse e mellorou o servizo de validación de certificados electrónicos e sinaturas electrónicas para aceptar os novos certificados de representante de persoa xurídica ou entidade sen personalidade xurídica de acordo á nova normativa aplicable.
Tamén cómpre destacar o novo proxecto para a Devolución do IVE a Viaxeiros (DIVA), sistema electrónico que axiliza a tramitación da devolución. Polo momento, é de uso voluntario, coexistindo co procedemento tradicional de selado manual de facturas.
Por último, hai que sinalar que o 1 de xullo de 2017 entrará en vigor un novo sistema de xestión do IVE, baseado na Subministración Inmediata de Información (SII).
A Axencia Tributaria traballou en 2016 na infraestrutura técnica necesaria para xestionar o volume de información de que se vai a dispor a través deste sistema, planificando e programando probas piloto a desenvolver durante o primeiro semestre do próximo ano.