Réximes para determinar o rendemento da actividade
Que métodos podes utilizar, cales son incompatibles, cando estás excluído e a cales podes renunciar
Estimación obxectiva (módulos)
Podes aplicar o método de estimación obxectiva sempre que:
-
A actividade que realizas estea incluída na Orde que desenvolve este réxime.
-
Non renunciases á súa aplicación.
-
Non haxa incompatibilidades cos outros métodos de determinación do rendemento.
-
Non renunciases nin esteas excluído do réxime simplificado do IVE nin do IXIC.
-
Non renunciases ao REAGP, nin ao réxime de agricultura e gandaría do IXIC.
-
Non realices actividades totais ou parcialmente fóra do territorio español agás: o transporte urbano colectivo e de viaxeiros por estrada, os autotaxis, o transporte de mercadorías por estrada e o de mudanzas.
-
Non superes as magnitudes específicas que para cada actividade establece a Orde.
-
O volume de rendementos íntegros no ano inmediato anterior non supere:
-
150.000 € para o conxunto de todas as túas actividades agás as agrícolas, gandeiras e forestais. Compútanse todas as operacións exista ou non obriga de expedir factura.
-
75.000 € tendo en conta as operacións polas que esteas obrigado a expedir factura.
-
250.000 € para o conxunto de actividades agrícolas, gandeiras, forestais.
Para os anos 2016, 2017, 2018, 2019, 2020, 2021, 2022, 2023 e 2024 os límites de 150.000 € e 75.000 € pasan a ser 250.000 € e 125.000 € respectivamente.
Non se inclúen no volume de ingresos: as subvencións correntes, as de capital, as indemnizacións, o IVE, nin, se é o caso, a recarga de equivalencia.
-
-
Para eses exercicios o volume de compras en bens e servizos no ano inmediato anterior non supere os 250.000 €. Non se inclúen as adquisicións de inmobilizado.
Para os efectos da estimación obxectiva no IRPF para determinar o volume de rendementos íntegros, de compras e de magnitudes específicas computarás non só as operacións correspondentes ás actividades que desenvolves, senón tamén as correspondentes ás actividades desenvolvidas polo teu cónxuxe, descendentes e ascendentes, e polas entidades en atribución de rendas en que participedes calquera de vós, sempre que:
- as actividades que realicedes sexan idénticas ou similares (estean clasificadas no mesmo grupo de IAE)
-
exista un enderezo común, compartindo medios materiais e persoais
No caso de entidades en réxime de atribución de rendas computarás non só as operacións correspondentes ás actividades da entidade, senón tamén as correspondentes ás actividades desenvolvidas polos seus socios, herdeiros, comuneiros ou partícipes; o cónxuxes, descendentes e ascendentes destes ; así como por outras entidades en atribución de rendas en que participedes calquera dos anteriores sempre que concorran as circunstancias antes sinaladas.
Para a determinación do rendemento non se ten en conta o fluxo real de ingresos e gastos senón que se calcula en función duns datos obxectivos (módulo persoal, superficie do local, mesas, lonxitude de barra, carga do vehículo, quilómetros percorridos...) que varían segundo a actividade que desenvolvas.
Aínda que realices varias actividades ás que resulte de aplicación este método, o cálculo realízase de forma illada e separada para cada actividade que teña a consideración de independente.
O esquema que hai que seguir para obter o rendemento sería:
Fase1ª
Unidades de módulos empregadas, utilizadas ou instaladas
(x) Rendemento anual por unidade de módulo (antes de amortización)
= Rendemento neto previo
Fase 2ª
(-) Minoración por incentivos ao emprego
(-) Minoración por incentivos ao investimento
= Rendemento neto minorado
Fase 3ª
(x) Índices correctores (segundo a actividade e determinadas circunstancias)
= Rendemento neto de módulos
Fase 4ª
(-) Redución de carácter xeral: (para o 2022: 15%, para o 2023: 10% e para o 2024: 5 %)
(-) Redución especial para actividades económicas en Lorca: 20%
(-) Redución especial para actividades económicas na illa da Palma: (2022, 2023 e 2024: 20 %)
(-) Gastos extraordinarios por circunstancias excepcionais (Incendios, inundacións, afundimentos, etc., comunicadas á AEAT en tempo e forma)
(+) Outras percepcións empresariais
= Rendemento neto da actividade
Fase 5ª
(-) Redución por irregularidade: 30%
= Rendemento neto reducido da actividade
(*) Aplicable unicamente respecto do compoñente "Outra percepcións empresariais" con período de xeración superior a dous anos ou que se cualifiquen regulamentariamente como obtidas de forma notoriamente irregular no tempo.
O cálculo do rendemento de cada actividade será o que resulte de realizar sobre o volume de ingresos as seguintes operacións:
Fase 1ª
Ingresos íntegros (incluídas subvencións, indemnizacións e axuda PAC pagamento único)
(×) Índice de rendemento neto
(*) Cando o perceptor da axuda directa de pagamento único da PAC non obtivese ingresos por actividades agrícolas ou gandeiras o índice de rendemento neto a aplicar é o 0,56.
Desde 2023 o índice que hai que aplicar sobre as axudas será o 0,56 cando os ingresos das actividades agrícolas e gandeiras, distintos da axuda, sexan inferiores ao 25 %do total de ingresos. En caso contrario, as axudas acumularanse aos ingresos dos cultivos ou explotacións.
= Rendemento neto previo
Fase 2ª
En 2022, 2023 e 2024 (para actividades agrícolas e gandeiras): Redución por adquisición de gasóleo agrícola (35% do prezo de adquisición)
En 2022, 2023 e 2024 (para actividades agrícolas e gandeiras): Redución por adquisición de fertilizantes (15% do prezo de adquisición)
(−) Amortización do inmobilizado material e intanxible (excluídas actividades forestais)
= Rendemento neto minorado
Fase 3ª
(×) Índices correctores (en función do tipo de actividade e determinadas circunstancias)
= Rendemento neto de módulos
Fase 4ª
(−) Redución de carácter xeral: (para o 2022: 25%, para o 2023: 15% e para 2024: 5 %)
(−) Redución especial para actividades económicas na illa da Palma: (2022, 2023 e 2024: 20 %)
(−) Redución agricultores mozos: 25%
(−) Gastos extraordinarios por circunstancias excepcionais (incendios, inundacións, afundimentos, etc., comunicadas á AEAT en tempo e forma)
= Rendemento neto da actividade
Fase 5ª
(−) Redución por irregularidade: 30% (Reducións de rendementos xerados en máis de 2 anos ou obtidos de forma notoriamente irregular)
= Rendemento neto reducido da actividade