Réximes para determinar o rendemento da actividade
Que métodos podes utilizar, cales son incompatibles, cando estás excluído e a cales podes renunciar
Exclusión
Son causas de exclusión calquera das seguintes:
-
Superar os límites e magnitudes específicas que establece a Orde de módulos para cada actividade.
-
Superar os límites previstos de rendementos íntegros ou volume de compras.
-
Desenvolver a actividade total ou parcialmente fóra do territorio español con excepción do transporte urbano colectivo e de viaxeiros por estrada, os autotaxis, o transporte de mercadorías por estrada e o de mudanzas.
-
Determinar o rendemento dalgunha das túas actividades en estimación directa.
-
Estar excluído do réxime simplificado de IVE ou do IXIC
Consecuencias da exclusión
A inclusión nos tres anos seguintes en estimación directa simplificada se cumpres os requisitos desta modalidade.
Estaràs excluído cando no ano anterior, o importe neto da cifra de negocios para o conxunto de todas as túas actividades supere 600.000 €.
Consecuencias da exclusión
A inclusión nos tres anos seguintes en estimación directa normal.