Novidades de normativa 2022
Saltar índice da informaciónPrincipais novidades tributarias introducidas pola Orde HFP/1172/2022, do 29 de novembro, pola que se desenvolven para o ano 2023 o método de estimación obxectiva do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e o réxime especial simplificado do Imposto sobre o Valor Engadido
IMPOSTO SOBRE A RENDA DAS PERSOAS FÍSICAS
Para o período impositivo 2022:
-
Auméntase a redución xeral sobre o rendemento neto de módulos do 5 %ao 15 %para todos os contribuíntes que determinen o rendemento neto da súa actividade de acordo co método de estimación obxectiva.
-
A redución que se ten en conta para cuantificar o pagamento fraccionado correspondente ao cuarto trimestre do 2022 pasa do 5 %ao 15 %.
-
As actividades agrícolas e gandeiras poderán reducir o rendemento neto previo:
-
No 35 %do prezo de adquisición do gasóleo agrícola
-
No 15 %do prezo de adquisición dos fertilizantes
En ambos os dous casos, as adquisicións teñen que ser necesarias para o desenvolvemento das devanditas actividades, débense efectuar no exercicio 2022 e figurar documentadas en facturas emitidas no devandito período que cumpran os requisitos previstos no Regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación.
-
-
O índice corrector por pensos adquiridos a terceiros establécese no 0,5 e o índice por cultivos en terras de regadío que utilicen, para tal fin, enerxía eléctrica no 0,75.
-
Os contribuíntes que desenvolvan actividades económicas na Illa da Palma poderán reducir o rendemento neto de módulos correspondentes a esas actividades nun 20 %.
Esta redución tera en contase para cuantificar o rendemento neto para os efectos do pagamento fraccionado correspondente ao cuarto trimestre de 2022.
Para o período impositivo 2023:
-
Auméntase a redución xeral sobre o rendemento neto de módulos do 5 %ao 10 %para todos os contribuíntes que determinen o rendemento neto da súa actividade de acordo co método de estimación obxectiva.
-
A redución que se ten en conta para cuantificar os pagamentos fraccionados correspondentes a 2023 pasa do 5 %ao 10 %.
-
As actividades agrícolas e gandeiras poderán reducir o rendemento neto previo:
-
No 35 %do prezo de adquisición do gasóleo agrícola
-
No 15 %do prezo de adquisición dos fertilizantes
En ambos os dous casos, as adquisicións teñen que ser necesarias para o desenvolvemento das devanditas actividades, débense efectuar no exercicio 2023 e figurar documentadas en facturas emitidas no devandito período que cumpran os requisitos previstos no Regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación.
-
-
O índice corrector por pensos adquiridos a terceiros establécese no 0,5 e o índice por cultivos en terras de regadío que utilicen, para tal fin, enerxía eléctrica no 0,75.
-
Os contribuíntes que desenvolvan actividades económicas na Illa da Palma poderán reducir o rendemento neto de módulos correspondentes a esas actividades nun 20 %.
Esta redución tera en contase para cuantificar o rendemento neto para os efectos dos pagamentos fraccionado correspondente ao 2023.
-
As axudas directas desencaixadas da Política Agraria Común, (axuda básica á renda para a sostibilidade, axuda redistributiva complementaria á renda, réximes en favor do clima e do medio natural ou axuda complementaria para mozos agricultores) acumularanse aos ingresos procedentes dos cultivos ou explotacións do perceptor en proporción aos seus respectivos importes.
Non obstante, cando o perceptor da axuda directa obtivese ingresos por actividades agrícolas e gandeiras, distintos da axuda directa, por contía inferior ao 25 %do importe do total dos ingresos de tales actividades, o índice de rendemento neto a aplicar sobre as axudas directas será o 0,56.
-
Os contribuíntes que desexen renunciar ou revogar a súa renuncia para o ano 2023 porán exercitar a devandita opción desde o día 2 de decembro ata o 31 de decembro do ano 2022.