Novidades de normativa 2022
Saltar índice da informaciónPrincipais novidades tributarias introducidas pola Lei de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2022
IMPOSTO SOBRE A RENDA DAS PERSOAS FÍSICAS
O artigo 59 da Lei de Orzamentos Xerais do Estado para 2022 introduce as seguintes modificacións na Lei 35/2006, do 28 de novembro, do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e de modificación parcial das leis dos Impostos sobre Sociedades, sobre a Renda de non Residentes e sobre o Patrimonio, con efectos para os períodos impositivos que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2022, e vixencia indefinida:
-
Límites de redución na base impoñible das achegas e contribucións a sistemas de previsión social.
Modifícanse diferentes límites en relación cos sistemas de previsión social.
Seguros privados que cubran exclusivamente o risco de dependencia severa ou de gran dependencia:
O conxunto das reducións practicadas por todas as persoas que satisfagan primas a favor dun mesmo contribuínte, incluídas as do propio contribuínte, non poderán exceder de 1.500 euros anuais (con anterioridade o límite era de 2000 euros anuais).
Límite máximo conxunto
Como límite máximo conxunta para as achegas ou contribucións a sistemas de previsión social, aplicarase a menor das cantidades seguintes:
-
O 30 por 100 da suma dos rendementos netos do traballo e de actividades económicas percibidos individualmente no exercicio.
-
1.500 euros anuais (con anterioridade o límite era 2000 euros).
A partir do 1 de xaneiro de 2022, este límite incrementarase en 8.500 euros, sempre que tal incremento proveña de contribucións empresariais, ou de achegas do traballador ao mesmo instrumento de previsión social (mesmo plan de pensións, plan de previsión social empresarial, mutualidade de previsión social, etc.) ao que se realizaron as contribucións empresariais, por importe igual ou inferior á respectiva contribución empresarial (con anterioridade o límite era de 8.000 euros e o incremento debía provir exclusivamente de contribucións empresariais).
As cantidades achegadas pola empresa que deriven dunha decisión do traballador terán a consideración de achegas do traballador.
As achegas propias que o empresario individual realice a plans de pensións de emprego ou mutualidades de previsión social, de que, pola súa parte, sexa promotor e partícipe ou mutualista, así como as que realice a plans de previsión social empresarial ou seguros colectivos de dependencia de que, pola súa parte, sexa tomador e asegurado, consideraranse como contribucións empresariais, para os efectos do cómputo deste límite.
Ademais, mánténse o límite de 5.000 euros anuais para as primas a seguros colectivos de dependencia satisfeita pola empresa, que xa existía con anterioridade.
-
O artigo 60 da Lei de Orzamentos Xerais do Estado para 2022 introduce as seguintes modificacións na Lei 35/2006, do 28 de novembro, do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e de modificación parcial das leis dos Impostos sobre Sociedades, sobre a Renda de non Residentes e sobre o Patrimonio, con efectos para os períodos impositivos que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2022, e vixencia indefinida:
-
Prórroga dos límites excluíntes do método de estimación obxectiva.
Prorróganse para o exercicio 2022 os límites cuantitativos que se veñen aplicando en exercicios anteriores e que delimitan o ámbito de aplicación de método de estimación obxectiva para as actividades económicas incluídas no ámbito de aplicación do devandito método, con excepción das actividades agrícolas, gandeiras e forestais, que teñen o seu propio límite cuantitativo por volume de ingresos.
Polo tanto, as magnitudes excluíntes de carácter xeral serán para o exercicio 2022 as seguintes:
-
Volume de ingresos no ano inmediato anterior superior a 250.000 euros para o conxunto de actividades económicas, agás as agrícolas, gandeiras e forestais. Computaranse a totalidade das operacións, exista ou non obriga de expedir factura. As operacións en que exista obriga de expedir factura cando o destinatario sexa empresario, non poderán superar 125.000 euros.
-
Volume de ingresos para o conxunto de actividades agrícolas, forestais e gandeiras superiores a 250.000 euros.
-
Volume de compras en bens e servizos no ano inmediato anterior, excluídas as adquisicións do inmobilizado, superior a 250.000 euros.
-
de Presupuestos Generales del Estado para el año 2022.