Novidades publicadas no INFORMA 2019
Saltar índice da informaciónNovidades publicadas no INFORMA durante o mes de maio
134839-PRESTACIÓN POR INVALIDEZ PROCEDENTE DE SUÍZANo caso de que se perciba unha pensión por invalidez do estranxeiro, o Tribunal Supremo sinalou que o recoñecemento dunha pensión de invalidez en Suíza non abonda, por si só, para equiparar a devandita pensión cunha prestación de incapacidade permanente absoluta de sistema español de Seguridade Social. A cualificación de se unha situación merece a consideración de incapacidade permanente absoluta corresponde ao Instituto Nacional da Seguridade Social, a través dos órganos establecidos, e recae sobre o interesado a carga de achegar ante estes órganos todos que elementos que permitan probar cal foi a concreta situación que determinou a pensión estranxeira.
138884-INTERESES DE DEMORA: INDEMNIZACION XUDICIAL EXENTAOs intereses indemnizatorios polo atraso no pagamento correspondente a unha indemnización exenta encóntranse tamén exentos de acordo co que se dispón no artigo 7 LIRPF. Os intereses fixados, en canto obriga accesoria, teñen que ter a mesma consideración que o concepto principal de que derivan e cualificarse nestes supostos como ganancias patrimoniais exentas.