Novidades publicadas no INFORMA 2019
Saltar índice da informaciónNovidades publicadas no INFORMA durante o mes de outubro
141940-OBLIGACIONES CONTABLES: EMPRESARIOS ESTIMACIÓN DIRECTA DESDE 1/1/2019Os contribuíntes, cando desenvolvan actividades empresariais de carácter mercantil e determinen o seu rendemento pola modalidade normal do método de estimación directa, estarán obrigados a levar contabilidade axustada ao que se dispón no Código de Comercio. Cando a actividade empresarial non teña carácter mercantil ou determinen o rendemento neto pola modalidade simplificada do método de estimación directa, deberán levar libro rexistro de vendas e ingresos, de compras e gastos e de bens de investimento.
141941-OBLIGACIONES CONTABLES: PROFESIONAIS ESTIMACIÓN DIRECTA DESDE 1/1/2019Cando os contribuíntes exerzan actividades profesionais cuxo rendemento se determine polo método de estimación directa, en calquera das súas modalidades, aínda no caso de que leven contabilidade axustada ao Código de Comercio, estarán obrigados a levar libro rexistro de ingresos, de gastos, de bens de investimento e de fondos e suplidos.
141952-CANTIDADES PERCIBIDAS POLOS EX-EUROPARLAMENTARIOSAs cantidades percibidas polos ex-europarlamentarios que tivesen tal condición antes de xullo de 2009 e que proceden do sistema de pensión complementaria, de carácter voluntario, tributarán de acordo coa natureza xurídica das rendas, isto é, unha terceira parte da cantidade recibida, ao ter a súa orixe nas achegas realizadas polo eurodeputado, é un rendemento do capital mobiliario e as outras dúas terceiras partes da cantidade percibida, ao ter a súa orixe nas achegas realizadas polo Parlamento Europeo, son rendementos do traballo.