Consecuencias do BREXIT no IVE a partir do 1 de xaneiro de 2021
Saltar índice da informaciónRéxime especial de prestación de servizos de telecomunicacións, de radiodifusión e televisión ou electrónicos (MOSS)
Os empresarios establecidos no Reino Unido que apliquen o réxime de Mini One-Stop Shop (MOSS) para as prestacións de servizos de telecomunicacións, radiodifusión e electrónicos a particulares residentes na Unión Europea, deberán cambiar a súa identificación MOSS e rexistrarse nun Estado membro no réxime de non establecidos na Unión.
Os empresarios identificados en España incluirán na declaración de IVE MOSS do cuarto trimestre de 2020 (modelo 368) os servizos prestados no Reino Unido durante o devandito trimestre, aínda que deberán presentar esta declaración desde o día 1 ao 20 de xaneiro de 2021, isto é, unha vez finalizado o período transitorio o 31 de decembro de 2020. No caso de que deban modificar as declaracións do IVE MOSS, relativas a trimestres do 2020 ou anteriores, na parte correspondente a servizos prestados no Reino Unido , poderán facero só ata o 31 de decembro de 2021.