Consecuencias do BREXIT no IVE a partir do 1 de xaneiro de 2021
Saltar índice da informaciónDevolución IVE soportado no Reino Unido
Os empresarios e profesionais establecidos en Península e as Baleares que adquiran bens e servizos no Reino Unido durante o ano 2020 só poderán solicitar a devolución das cotas de IVE alí soportadas ata o 31 de marzo de 2021. Deberá facero a través da web da AEAT conforme ao procedemento aplicable aos Estados membros, mediante o modelo 360.
Os empresarios establecidos en Península e as Baleares que adquiran mercadorías e servizos no Reino Unido a partir do 1 de xaneiro de 2021 e desexen solicitar a devolución do IVE soportado, xa non poderán presentar a súa solicitude por vía electrónica a través da páxina web da AEAT de conformidade coa Directiva 2008/9/CE do Consello, senón que terán que facero ante a Administración tributaria británica e de acordo coa normativa inglesa.
Non obstante, poderán seguir presentando a súa solicitude de devolución por vía electrónica a través do modelo 360 cando se refira a cotas de IVE soportado en Irlanda do Norte pola adquisición ou importación de mercadorías. A devolución das cotas soportadas por servizos localizados en Irlanda do Norte solicitarase segundo a normativa inglesa.