Como podo recuperar o IVE non-pagado polos meus clientes?
Para recuperar o IVE non-pagado polos teus clientes tes que cumprir unha serie de requisitos e seguir un determinado procedemento
Procedemento
A modficación, emitindo a correspondente factura rectificativa, debe efectuarse nos seis meses seguintes, unha vez que o crédito se considere incobrable (ver apartado 1, Requisitos).
No apartado "Ferramentas de asistencia virtual IVE" desta páxina dispós dunha calculadora de prazos para coñecer cal é o prazo para emitir a factura rectificativa e para incluír a rectificación na túa declaración.
-
O acredor deberá:
-
Expedir en serie específica e remitir ao destinatario das operacións unha nova factura en que se rectifice ou anule a cota repercutida, debendo acreditar tal remisión.
Nesta factura rectificativa, a base impoñible e a cota pódense consignar, ben indicando directamente o importe da rectificación, sexa o resultado positivo ou negativo, ou ben, tal e como queden tras a rectificación efectuada, sendo obrigatorio neste último caso sinalar o importe da rectificación. Tamén se fará constar a súa condición de documento rectificativo, a descrición da causa que motiva a rectificación, os datos identificativos e as datas de expedición das correspondentes facturas rectificadas.
-
Facturar e anotado no libro rexistro de facturas expedidas as operacións en tempo e forma.
-
Comunicar por vía electrónica á AEAT a través do modelo dispoñible no apartado de "Xestións" nesta mesma páxina, no prazo dun mes ##2##contado desde a data de expedición da factura rectificativa, a modificación da base impoñible practicada, facendose constar que a devandita modificación non se refire a créditos excluídos da posibilidade de rectificación.
Previamente á presentación da comunicación deberase presentar a través do rexistro electrónico mediante a opción "Achegar documentación complementaria":
-
Copia das facturas rectificativas
-
Documento de reclamación xudicial ou requirimento notarial ou Certificado do Ente público
-
No suposto de grandes empresas, ademais do anterior, a relación das facturas rectificativas
A presentación da documentación complementaria xerará un Código do asento de rexistro que obrigatoriamente se deberá consignar no apartado "Documentación adicional obrigatoria" da Comunicación de modificación de bases impoñibles.
-
-
-
O destinatario da operación afectada pola modficación deberá:
Se ten a consideración de empresario ou profesional :
-
Facer constar na declaración-liquidación do período en que se reciban as facturas rectificativas, o importe das cotas rectificadas como minoración das cotas deducidas.
-
Comunicar por vía electrónica á AEAT a través do modelo dispoñible na súa sede electrónica a circunstancia de recibir as facturas rectificativas, consignando o importe total das cotas rectificadas incluídas, se é o caso, o das non deducibles no prazo de presentación da declaración-liquidación mencionada.
Se non ten a condición de empresario ou profesional , a AEAT poderá requirirlle a achega das facturas rectificativas que lle envíe o acredor.
-
Normativa: Artigo 24, apartados un e dous do Real decreto 1624/1992, do 29 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Imposto sobre o Valor Engadido, redacción dada polo Real decreto 828/2013, do 25 de outubro (BOE do 26).