Novidades de normativa 2019
Saltar índice da informaciónModelo 318. Orde HAC/1270/2019, do 5 de novembro, pola que se aproba este modelo
O artigo 29 da Lei 12/2002, do 23 de maio, pola que se aproba o Concerto Económico co País Vasco, foi modificado polo artigo único da Lei 10/2017, do 28 de decembro.
A nova redacción establece que nos supostos en que os contribuíntes estivesen sometidos á competencia exaccionadora dunha Administración tributaria, foral ou común, nos períodos de liquidación anteriores ao momento en que inicien a realización habitual das entregas de bens ou prestacións de servizos e a outra diferente nos períodos de liquidación posteriores, ou cando variase substancialmente a proporción en que tributan ás distintas Administracións, común ou forais, nos mencionados períodos de liquidación, procederán á regularización das cotas devoltas nos termos previstos no apartado nove do citado artigo 29.
A regularización efectuarase de conformidade coas porcentaxes de tributación a cada unha das Administracións afectadas correspondentes ao primeiro ano natural completo posterior ao inicio da realización habitual das entregas de bens ou prestacións de servizos correspondentes á súa actividade.
Para iso, os suxeitos pasivos presentarán unha declaración específica ante todas as Administracións tributarias afectadas pola regularización, no mesmo prazo en que corresponda presentar a última declaración-liquidación do primeiro ano natural completo posterior ao inicio da realización habitual das entregas de bens ou prestacións de servizos correspondentes á súa actividade.
Para facer efectivo o cumprimento da nova obriga a Orde HAC/1270/2019, aproba o modelo 318 de declaración a presentar ante a Administración tributaria do Estado. Os modelos de declaración a presentar ante as Deputacións Forais do País Vaco serán os que correspondan de acordo coa normativa foral.
A Disposición final primeira desta Orde HAC/1270/2019 modifica a Orde HAP/2194/2013, do 22 de novembro, para incluír o modelo 318 na relación de declaracións informativas e entre aqueles modelos para os que, no caso de obrigadas tributarias persoas físicas, agás nos supostos sinalados no artigo 13.1 da propia orde HAP/2194/2013, pódese realizar a presentación mediante o sistema Cl@ve.