Novidades de normativa 2019
Saltar índice da informaciónModelos 390 e 347. Orde HAC/1274/2019, do 18 de decembro
- Supresión presentación mediante mensaxe SMS. Modifícase a Orde HAP/2194/2013, do 22 de novembro coa finalidade de homoxeneizar o sistema de presentación de todas as declaracións informativas, suprimindose a presentación telemática mediante mensaxe SMS dos modelos 390 e 347.
- Nova denominación recadro 662 do modelo 390. Este recadro ten por obxecto reflectir as cotas que hai que compensar xeradas no exercicio nalgún dos períodos de liquidación distinta do último cando non estean incluídas no recadro 97 do mesmo modelo 390, é dicir, cando non se trasladasen ao resto de períodos de liquidación do exercicio. Co obxectivo de evitar confusións cámbiase a súa denominación pola de «Cotas pendentes de compensación xerada no exercicio e distintas das incluídas no recadro 97».
Anterior Modificación do Regulamento de Execución (UE) nº 282/2011: empresarios que facilitan vendas a distancia ou servizos a particulares a través do uso de interfaces electrónicas, aplicable a partir do 1 de xaneiro de 2021 Seguinte Modelo 318. Orde HAC/1270/2019, do 5 de novembro, pola que se aproba este modelo