Novidades 2017
Saltar índice da información21-12-2017 SII: Calculadora de prazos 2018
Unha vez publicada a resolución do 1 de decembro de 2017, da Secretaría de Estado de Función Pública, pola que se establece para os efectos de cómputos de prazos o calendario de días inhábiles no ámbito da Administración Xeral do Estado para o ano 2018 (BOE do 18 de decembro), incorpórase ao báner SII a calculadora de prazos do 2018 que permitirá obter a data límite para remitir os rexistros ao SII así como o período e exercicio de anotación no correspondente Libro rexistro das facturas emitidas e recibidas durante o devandito ano. Para acceder a esta calculadora abondará con seleccionar como exercicio en que realizar o cálculo o 2018.