Saltar ao contido principal
Modelo 100.Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2018

Centros de traballo móbiles ou itinerantes

O réxime xeral de axudas e gastos de viaxe exceptuados de gravame será tamén aplicable ás asignacións para gastos de locomoción, manutención e estancia que perciban os traballadores contratados especificamente para prestar os seus servizos en empresas con centros de traballo móbiles ou itinerantes, sempre que aquelas asignacións correspondan a desprazamentos a municipio distinto do que constitúa a residencia habitual do traballador.