Saltar ao contido principal
Modelo 100.Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2018

Persoal de voo das compañías aéreas

Cando non se pase a noite en municipio distinto do lugar de traballo habitual e do que constitúa a residencia do perceptor, consideraranse como asignacións para gastos normais de manutención:

  1. Desprazamento dentro do territorio español:36,06 euros diarios como máximo.

  2. Desprazamento a territorio estranxeiro:66,11 euros diarios como máximo.

Se nun mesmo día se producisen ambas as dúas circunstancias, a contía aplicable será a que corresponda segundo o maior número de voos realizados.