Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2018

Relacións laborais especiais de carácter dependente

Cando os gastos de locomoción e manutención non lles sexan resarcidos especificamente polas empresas a quen presten os seus servizos, os contribuíntes que obteñan rendementos do traballo que se deriven de  relacións laborais especiais de carácter dependente poderán minorar os seus ingresos, para a determinación dos seus rendementos netos, nas seguintes cantidades, sempre que xustifiquen a realidade dos seus desprazamentos:

  1. Por gastos de locomoción:

    • Cando se utilicen medios de transporte público, o importe do gasto que se xustifique mediante factura ou documento equivalente.

    • Noutro caso, a cantidade que resulte de computar 0,19 euros por quilómetro percorrido, máis os gastos de peaxe e aparcadoiro que se xustifiquen.

  2. Por gastos de manutención :

    • Desprazamento dentro do territorio español: 26,67 euros diarios.

    • Desprazamento a territorio estranxeiro: 48,08 euros diarios.

  3. Por gastos de estancia:

    Os gastos de estancia deberán estar resarcidos pola empresa e en tal caso poderán minorar os ingresos no importe que se xustifique.