Saltar ao contido principal
Modelo 100.Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2018

Traslado do posto de traballo

Estarán exceptuadas de gravame as cantidades que se aboen ao contribuínte con motivo do traslado de posto de traballo a municipio distinto, sempre que o devandito traslado esixa o cambio de residencia e correspondan, exclusivamente, a gastos de locomoción e manutención do contribuínte e dos seus familiares durante o traslado e a gastos de traslado do seu mobiliario e aparellos.

As cantidades satisfeitas pola empresa aos empregados con motivo do traslado a outro centro de traballo que excedan destes importes, consideraranse rendementos do traballo obtidos de forma notoriamente irregular no tempo, para os efectos da aplicación da redución do 30 por 100 sobre o rendemento íntegro (art.º 11.1.a Rgl.)