Adquisicións «mortis causa». Modelo 650
Adquisición de bens e dereitos por herdanza, legado ou calquera outro título sucesorio, e percepción de cantidades polos beneficiarios de contratos de seguros sobre a vida, cando o contratante sexa persoa distinta do beneficiario.
Documentación que hai que achegar
Documentación obrigatoria:
-
Orixinal e copia simple da escritura de aceptación de herdanza.
-
De non o haber, o inventario de bens e herdeiros, por duplicado, no que se sinalen os datos identificativos do causante e os herdeiros, a designación dun domicilio para os efectos de notificacións, relación detallada dos bens e dereitos obxecto da herdanza con expresión do seu valor na data de falecemento, así como das cargas, débedas e gastos cuxa dedución se solicita.
-
Copia do certificado de defunción.
-
Copia do Certificado do Rexistro Xeral de Actos de Última Vontade, emitido polas autoridades españolas (aínda que sexa negativo).
-
Copia do testamento ou da declaración de herdeiros.
-
Representación suxeita pasivos non residentes en territorio español (contribuíntes por obriga real):
Cando non sexan residentes noutro Estado membro da Unión Europea (UE ) ou en Estados que fosen parte do Espazo Económico Europeo (EEE) cos que exista normativa sobre asistencia mutua en materia de intercambio de información tributaria e de recadación, estarán obrigados a nomear unha persoa física ou xurídica con residencia en España para que lles represente ante a Administración Tributaria en relación coas súas obrigas por este imposto.
Cando residan noutro Estado membro da UE ou do EEE co que exista normativa sobre asistencia mutua en materia de intercambio de información tributaria e de recadación, non teñen obriga de nomear representante con residencia en España e actuarán ante a Administración Tributaria por medio das persoas que ostenten a súa representación de acordo coas normas xerais de representación legal e voluntaria, de xeito que se faciliten os trámites e xestións relacionadas co imposto.
Para iso, poden utilizar o modelo de representación nos procedementos iniciados a instancia dos contribuíntes, que deberá ser achegado canda a Autoliquidación (Non fotocopia ). Pode encontrar o modelo na ligazón Representación (procedementos iniciados polos contribuíntes) que aparece á dereita, como Contido relacionado.
Na representación debe constar a expresa aceptación do representante e que a mesma faculta para actuar ante a Administración Tributaria en relación con todas as súas obrigas polo Imposto sobre Sucesións e Doazóns.
Outra documentación que deberá entregar, se for o caso:
-
Copia do recibo do IBI (Imposto sobre Bens Inmobles), e do título de adquisición dos inmobles, ou no seu defecto Nota Simple Rexistral.
-
Copia dos contratos de seguro, ou certificado da entidade aseguradora.
-
Certificado do banco con expresión dos saldos das contas e/ou valores depositados, na data de falecemento.
-
Xustificación documental das cargas, gravames, débedas e gastos que sexan deducibles, así como da idade dos herdeiros.
-
Copia do pasaporte, documento de identidade, ou do certificado do Número de Identificación de Estranxeiros (NIE) dos herdeiros e do representante fiscal en España.
-
Copia da documentación dos vehículos obxecto da herdanza (ficha técnica, permiso de circulación).
-
Acreditación documental da discapacidade do contribuínte con certificado emitido polo organismo competente.
-
Acreditación documental do valor teórico das participacións no capital de entidades xurídicas cuxos títulos non coticen en Bolsa, debendo achegar para iso certificado do administrador da entidade en que se indique o número de participacións da entidade (distinguindo no caso de que teñan distintos valores nominais), o número de participacións propiedade do causante e o valor teórico de cada participación. Debendo xustificarse o valor teórico asignado a cada participación.
- Copia do Certificado do Rexistro Xeral de Contratos de Seguros de Cobertura de Falecemento
Advertencia
Se os documentos están expedidos por funcionarios ou autoridades estranxeiras, teñen que vir coa Apostila da Haia e tradución xurada.
Cando se dispoña dun certificado sucesorio europeo (Regulamento UE nº 650/2012), acreditativo da condición de herdeiro ou legatario, poderá achegarse copia auténtica deste en lugar do certificado de defunción e do testamento ou declaración de herdeiro. Se o certificado está redactado en idioma distinto ao castelán, deberá acompañarse de tradución.