Adquisicións «mortis causa». Modelo 650
Adquisición de bens e dereitos por herdanza, legado ou calquera outro título sucesorio, e percepción de cantidades polos beneficiarios de contratos de seguros sobre a vida, cando o contratante sexa persoa distinta do beneficiario.
Quen están obrigados á súa presentación
Están obrigados, cando sexan persoas físicas:
- Os non residentes en España que sexan herdeiros, legatarios ou beneficiarios dun seguro sobre a vida (cando os bens ou dereitos estean en territorio español e o contrato de seguro fose realizado con entidades españolas ou con entidades estranxeiras que operen España).
- Os residentes en España que adquiran bens (herdanza, legado, etc.), ou sexan beneficiarios dun seguro sobre a vida, dunha persoa falecida, que non tivese a súa residencia fiscal en España
- Os residentes que sexan beneficiarios dun seguro sobre a vida que non se acumule a outros bens e dereitos recibidos por herdanza.