Adquisicións «mortis causa». Modelo 650
Adquisición de bens e dereitos por herdanza, legado ou calquera outro título sucesorio, e percepción de cantidades polos beneficiarios de contratos de seguros sobre a vida, cando o contratante sexa persoa distinta do beneficiario.
Prazos presentación
Nas adquisicións por causa de morte, incluídas as dos beneficiarios de contratos de seguro de vida, o prazo de presentación da declaración é de 6 meses contados desde o día do falecemento do causante ou desde aquel en que adquira firmeza a declaración de falecemento.
Pódese solicitar unha prórroga por un prazo igual ao sinalado para a súa presentación, dentro dos cinco primeiros meses do prazo de presentación.
Para iso, existen as seguintes opcións:
1. Cubrir un formulario de solicitude de prórroga ao que se accede desde Xestións Non Residentes Modelo 650. Solicitude de prórroga dos prazos de presentación do imposto sobre sucesións non residentes. Cumprirá identificarse con certificado ou DNI electrónico ou ben mediante o sistema de identificación Cl@ve PIN.
2. Presentar un escrito de solicitude por rexistro (de forma presencial ou telemática) acompañado do Certificado de defunción, onde se indiquen os datos do causante, dos herdeiros e o seu grao de parentesco co causante, a situación e o valor aproximado dos bens e dereitos, e os motivos polos que se solicita a prórroga, así como un domicilio para os efectos de notificacións e un enderezo de correo electrónico. (Se a presentación se efectúa a través do rexistro telemático, tamén cómpre identificarse con certificado ou DNI electrónico ou ben mediante o sistema de identificación Cl@ve PIN).