Cuestións específicas sobre tributación doutras rendas, sen convenio
Tributación correspondente a rendas distintas das derivadas de inmobles
Persoa que traballou temporalmente en territorio español
Non existindo Convenio para evitar a dobre imposición, as retribucións obtidas por unha persoa física non residente que traballou temporalmente en territorio español tributan en España, con carácter xeral, aplicado o tipo de gravame do cadro, en función do ano de devindicación, sobre a contía íntegra reportada, sen que, para estes fins, poida deducirse ningún gasto.
Non obstante, tratandose de rendementos obtidos desde o 1 de xaneiro de 2010, para a determinación da base impoñible, os contribuíntes residentes noutro Estado membro da UE, ou no Espazo Económico Europeo (EEE) con efectivo intercambio de información tributaria (con efectos desde 11 de xullo de 2021, as referencias normativas a efectivo intercambio de información tributaria enténdense efectuadas á existencia de normativa sobre asistencia mutua en materia de intercambio de información tributaria), en relación con rendementos obtidos desde o 1 de xaneiro do 2015, poderán deducir os gastos previstos na Lei do IRPF, sempre que acrediten que están relacionados directamente cos rendementos obtidos en España e que teñen un vínculo económico directo e indisociable coa actividade realizada en España.
Ano devindicación |
2015 |
2016 e seguintes | |||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Residente UE, Islandia e Noruega |
Resto contribuínte |
Residente UE, Islandia e Noruega |
Liechtenstein |
Resto contribuínte | |||
Ata 11-07 |
Desde 12-07 |
Ata 10-07-2021 |
Desde 11-07-2021 | ||||
Tipo impositivo |
20% |
19,50% |
24% |
19% |
24% |
19% |
24% |