Cuestións específicas sobre tributación doutras rendas, sen convenio
Tributación correspondente a rendas distintas das derivadas de inmobles
Rendementos do traballo
Con carácter xeral, un rendemento do traballo considérase obtido en territorio español cando o traballo se realice en territorio español (criterio de territorialidade).
Casos particulares (criterio do pagamento):
-
Retribucións públicas satisfeitas pola Administración española agás cando o traballo se preste integramente no estranxeiro e tales rendementos estean suxeitos a un imposto de natureza persoal no estranxeiro.
-
Retribucións de empregados de buques e aeronaves en tráfico internacional agás cando o traballo se preste integramente no estranxeiro e tales rendementos estean suxeitos a un imposto de natureza persoal no estranxeiro.
-
Pensións e demais prestacións similares, cando deriven dun emprego prestado en territorio español ou cando se satisfagan por unha persoa ou entidade residente.
-
Retribucións dos administradores e membros dos Consellos de Administración, das Xuntas que fagan as súas veces ou de órganos representativos dunha entidade residente.