Saltar ao contido principal

O "Informador de Renda" e o "Informador de Renda para actividades económicas": ferramentas de asistencia integral de IRPF

A Axencia Tributaria continúa reforzando, especialmente no marco do Plan Estratéxico 2020-2023, a intensificación e ampliación dos seus servizos de asistencia ao contribuínte ao consideraros un elemento esencial para favorecer o cumprimento voluntario. 

En particular, avanzouse de forma relevante no desenvolvemento de novos servizos de asistencia non presencial que eviten desprazamentos aos contribuíntes e aos que se pode acceder as 24 horas do día e os 365 días do ano.

Neste contexto, e nesta época do ano en que a Axencia Tributaria envórcase na asistencia para a Campaña de IRPF, o “Informador de Renda” creado inicialmente para cuestións moi concretas de campaña, incorpora como novidade a ampliación de forma substancial dos seus contidos, convertendose así nunha ferramenta de consulta permanente do IRPF.

Ofrece información destinada a resolver dúbidas relativas a como tributan os ingresos, as rendas ou as ganancias obtidas de distintas fontes, así como sobre a formalización da declaración. Tamén resolve dúbidas que poden xurdir cando finalizou o prazo de presentación, tales como a modificación de declaracións xa presentadas ou as relacionadas co inicio dun procedemento de comprobación.

A información ofrécese mediante 13 apartados en que se estruturan as diferentes materias. Todo nunha linguaxe sinxela, facendo máis fácil a busca da resposta. Cada opción desprégase noutras sucesivas, mostrando aclaracións e avisos intermedios que facilitan a selección para chegar á resposta final.

O contido da información ofrecida inclúe ligazóns ao Manual práctico de Renda 2021, consultas da Dirección Xeral de Tributos, preguntas frecuentes do INFORMA, sentenzas de Tribunais e outras bases de datos para os casos en que cumpra ampliar a información facilitada. Así mesmo, facilítase o acceso desde a propia ferramenta a outros servizos da Axencia Tributaria como cita previa, obtención de Cl@ve PIN…, podendose descargar a resposta proposta pola ferramenta en formato PDF.

Se co acceso aos informadores de renda as dúbidas do contribuínte non quedasen resoltas, o servizo permite o acceso a un chat que atenden especialistas da ADI (Administración de asistencia Dixital Integral da Axencia Tributaria) en que se pode obter información personalizada e con máis detalle, estando dispoñible este servizo de chat de 9:00 a 19:00 horas  de luns a venres.

O “Informador de Renda para actividades económicas” é unha ferramenta creada como novidade desta campaña, e está destinada a aqueles contribuíntes que realizan unha actividade económica. Ten a mesma filosofía e esquema de funcionamento que o Informador de Renda.

Esta ferramenta ofrece 10 apartados, contendo exclusivamente as materias do IRPF que afectan ao exercicio dunha actividade económica. Por exemplo, como declarar os rendementos en estimación directa ou obxectiva, obrigas contables e rexistrais, tributación do inmoble onde se exerce a actividade e outras obrigas como a presentación dos pagamentos fraccionados ou retencións e ingresos a conta.

Ambos os dous informadores ofrecen máis de 800 respostas, incluíndo os temas de máxima actualidade como as moedas virtuais (criptomonedas), as deducións por eficiencia enerxética, as axudas recibidas polos traballadores en  ERTE e o Ingreso Mínimo Vital.

O uso de ambos os dous informadores, así como o resto das ferramentas de asistencia postas en marcha pola Axencia Tributaria permiten ao contribuínte obter unha resposta inmediata ás súas consultas e dotan á mesma da maior certeza e seguridade xurídica ao ofrecer unha mesma resposta a todo aquel contribuínte que propoña a mesma cuestión (unidade de criterio). Así mesmo, a análise das preguntas formuladas permite identificar con rapidez e axilidade os temas que propón máis dúbidas para poder darlles unha resposta inmediata de alcance xeral.

O obxectivo é a continua mellora dos servizos de asistencia ao contribuínte, de forma sinxela, accesible e clara, tratando de facilitar o cumprimento das súas obrigas tributarias.